Durante este último mes apareceu en diversos diarios unha páxinas publicitarias encargadas pola Consellería de Medio Ambiente, o seu mensaxe vai dirixido a dar a coñecer aos cidadáns o esforzo inversor desta Consellería.
O contido do anuncio: “Este ano licítanse 20 depuradoras para sanear as rías e as poboación de máis de 2000 habitantes”
Parécenos estupendo que haxa diñeiro para o medio ambiente e parécenos moito mellor se ese diñeiro, ademais, gástase adecuadamente.
Durante os últimos anos construíronse moitas depuradoras como consecuencia de axeitar a calidad das nosas augas aos parámetros de calidade que esixe a normativa europea.
De Europa chegaron gran parte dos fondos (non foron nada tacaños) e ademais ensináronnos que é necesario investir para non danar o Medio Ambiente, se queremos no futuro seguir a vivir nel.
Parécenos ben, e necesarios estes investimentos, pero a Consellería non debería sacar peito.
Se esta Consellería quere facerse acredora de méritos débese preocupar de que esas novas EDAR sexan ben dimensionadas, ben construídas, nos lugares adecuados, que as concesionarias do seu funcionamento as xestionen e manteñan de forma eficiente.
Cabe insistir que: Destas características non existe ningunha en Galicia
Unhas suxerencias: incorporar aos contratos cos proxectistas, constructores e concesionarias, incluídas as empresas públicas que poidan participar, cláusulas para responsabilidades, avales, garantías e seguros.
E tampouco contratar con aquelas empresas que non alcanzaran as expectativas acordadas en contratos anteriores. Nen con empresas participadas por estas (mesmos propietarios).
domingo, 20 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario