Galicia está perdendo unha oportunidade histórica no Medio Ambiente, algo que xa ven perdendo dende fai anos.
Máis do 50% das depuradoras de augas residuais de Galicia funcionan de maneira deficitaria. Os fallos son de todo tipo; e integran erros dende o seu inicio (elaboración do proxecto) ata o seu fin (xestión e mantemento da planta) pasando pola súa construcción. Desviacións inadmisibles nos orzamentos, na calidade e no tempo.
Estes múltiples e repetidos erros en distinto lugares da nosa xeografía evidencian a falta de profesionalidade das empresas que traballan no Sector.
Trátase de empresas oportunistas que concorren ás licitacións públicas con total descaro para coller o diñeiro en entregar unha chapuza.
A actitude da Xunta de Galicia e dos Concellos ante estes feitos é dar todo por bo e xustificar o inxustificable; solución: pedir máis diñeiro para facer o mesmo.
O actual conselleiro de Medio Ambiente culpa destes feitos a anteriores gobernos pero a situación non cambiou substancialmente, o procedemento é o mesmo.
Hai que cumprir coa normativa europea que ordena que todas as poboacións de máis de 2000 habitantes teñan a súa propia EDAR.
O conselleiro de Medio Ambiente comunícalle ao concello de torno, que ten que ceder uns terreos para ubicar unha nova EDAR. O alcalde, que é moi atrevido, pon o seu dedo nun punto do mapa e alí constrúese a EDAR.
Como consecuencia o punto elixido para localizar a planta non obedece a criterios técnicos, ambientais nin sociais senón a criterios ”escuros”.
Ao conselleiro de Medio Ambiente tráelle sen coidado cómo se escolle o lugar. Das palabras que dirixiu á prensa no Nadal do 2007, dedúcese que non fai ningunha recomendación aos concellos á hora de determinar o lugar (que debera ser elixido mediante acordo dunha xunta técnica multidisciplinar).
Nin tampouco lle preocupa en que mans queda o proxecto, a construcción e o mantemento da planta. Nin se ofrecen garantías as empresas adxudicatarias.
Ao concelleiro de Medio Ambiente fáltalle unha percepción global da importancia que tería para o futuro de Galicia unha política ambiental EXCELENTE e confórmase con ser “un currito” que síntese aliviado cando pasa a responsabilidade a outras persoas.
Respecto á localización das plantas acuícolas tampouco se salva o conselleiro, durante o programa “Debate” da TVG, desenténdese da súa responsabilidade na localización de varias das novas plantas, ubicadas dentro da Rede Natura, aducindo que fixáranse antes do seu mandato.
O señor conselleiro non se dá de conta de que a sensibilidade ambiental da sociedade progresa de maneira acelerada e dentro de 7 anos considerarase unha aberración o construír no 2008 nun paraxe da Rede Natura (en expansión).
Estase a tempo de rectificar, nestes momentos en que aínda non se incorreu en altos costos, e incluso deberíase plantexar a conveniencia de crear estas granxas (a dicir das cofrarias: xeran pouco emprego, orixinan contaminación e causan impacto ambiental).
Galicia non debería seguir a desaproveitar esta oportunidade namentres haxa financiación europea (que pronto se acabará) e aproveitar para por en valor a súa paisaxe, os seus portos naturais e os seus exclusivos productos do mar.
A normativa europea esixe ao auga das rías uns parámetros máis esixentes dos que se recomendan para o baño.
Isto que nun principio pode parecer un obstáculo pódese converter nunha vantaxe, se se orientase a información hacia o turismo; este é cada vez máis sensible e esixente co Entorno.
As granxas mariñas non poden irromper no panorama socio-económico galego coma un “elefante nunha cacharreira”, arrolando paisaxes naturais e desprazando a pesca tradicional dos seus lugares habituais.
Debe supeditarse ao turismo, á calidade de vida dos veciños e á pesca no mar. Non é o mesmo dicir: “pescado da ría” que “pescado de piscifactoría” como non é o mesmo dicir “xamón de Xabugo” que simplemente “xamón” .
... Canto antes estean limpas as augas das Rías e aplicada sobre elas unha adecuada política de repoboación de especies, non lle quedará dubida a ninguén de que esta debeu de ser, hoxe, a verdadeira aposta; pero o deterioro medioambiental xa formará parte da nosa identidade.
A POLÍTICA MEDIO AMBIENTAL NON TEN GANCHO ENTRE AS MASAS
Alomenos eso é o que pensan no PP e no PSOE, que non as inclúen dentro das súas “promesas estrela” que figuran nos seus programas electorais.
SATISFACENOS A EXCLUSION SA TORRE-HOTEL NO PROXECTO DO PORTO DE VIGO
Resulta inxustificable que se xere impacto aquelas infraestructuras que poidan ir situadas en outro lugar.
Os recheos no municipio de Vigo supoñen máis da metade do litoral, calquera ocupación superior do litoral reduce a calidade de vida dos cidadáns. Chegamos a un punto crítico, o futuro do porto de Vigo está na unión cos outros portos das Rías Baixas; deste xeito garantiríase o crecemento e a competitividade da actividade portuaria, impúlsase o desenvolvemento económico de todos os municipios das Rías e repártese o impacto.
domingo, 20 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario