PARECENOS un escándalo o nomeamento de D. Juan Carlos Aladro como fiscal xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra.
D. Juan Carlos Aladro ocupou en Vigo durante estes últimos anos a Fiscalía de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente.
Como fiscal de Medio Ambiente en Vigo o máis moderado que podemos dicir acerca del é que foi un fiscal que inhibiuse.
Durante os último dez anos pasaron á Ría un mínimo de 900 litros de auga sen depurar cada segundo, a través da desembocadura do río Lagares; que representan:
10 anos x 365 días x 86400 segundos/día x 900 litros/segundo = 283824 millones de litros (COMPROBABLES)
283824 millones de litros é un volume de auga equivalente ao de unha piscina de 10 km de longo x 1 km de ancho e 28,38 metros de profundidade (40 metros é aproximadamente a máxima profundidade da Ría).
Isto non foi delito ambiental para o Sr. Aladro. Nin siquiera coa chegada da multa de 20 millóns de euros aniouse a investigar.
A súa pasividade vese máis agravada se temos en conta os esforzos da fiscalía do estado e de Galicia para erradicar estas prácticas, así como a propaganda institucional dirixida polo goberno central e a Consellería de Medio Ambiente nesta liña.
O incoloro pode ser nocivo, senón “probe” Sr. Aladro a bucear nunha piscina de ácido sulfúrico ou si prefire enriqueza o seu sangue cunhas inspiracións de monóxido de carbono.
Se a día de hoxe o fiscal xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra non logra ver, en feitos coma este, que a contaminación actual é o resultado dun modelo económico anticuado que non contempla os costos ambientais e que a economía de hoxe esixe ademais de criterios económicos, contemplar criterios sociais e ambientais que un fiscal debe coñecer e defender. Dificilmente avanzaremos no obxectivo de conseguir un desenrolo sostible.
O vertido destes 283824 millóns de litros de auga contaminada e sintomático dunha instalación deficiente que levou a tortura hasta as casas de uns 300 veciños da EDAR do Lagares.
Trouxo tamén a aniquilación completa da fauna mariña da Xunqueira do Lagares: camaróns, cangrexos, moluscos bivalvos, miñocas, robalizas e sollas. Noutros tempos moi abundantes e agora só presentes na memoria dos mariñeiros e os poboadores do lugar.
A perda parcial da flora, entre as que se atopan algas e vexetais, en concreto desapareceron as cebas que son as especies vexetais que máis tempo permanecen sumerxidas.
A contaminación total do chan que impide a vida de todos aqueles organismos que habitan entre a area e o fina lama (fina lama que xa non existe).
A capacidade depurativa deste solo permeable foi superada.
A Xunqueira viu diminuída a súa extensión coa conseguinte diminución da súa capacidade para acumular o auga nas crecidas e regular o seu fluxo nas épocas secas.
A superficie da Xunqueira viuse alterada nestes últimos anos como consecuencia da barreira que supoñen as paredes da depuradora que impiden que a forza do mar traslade hasta augas máis arriba os sedimentos. Esta deformación provoca inundacións nas superficies lindantes, cambio no cauce do río e variacións na cota de area do litoral contiguo á desembocadura.
Perdida no seu conxunto dun hábitat singular polas súas características cambiantes debido á variación do nivel das augas.
A Xunqueira aínda mantén un grande encanto como valor paisaxístico e está rodeada por un paseo construído con fondos FEDER para poder deleitala; non é un chiste pero para poder pasear por el hai que tapar o nariz.
A Xunqueira é un espacio aniquilado, a porta de entrada da contaminación á Ría.
A contaminación da Ría unida a sobrepesca converteu “un mar que era de todos” nunha “concesión administrativa” coa que mariñeiros de toda a vida, portadores de artes ancestrais, tiveron que deixar de pescar e comer o polbo. Limitou aos pescadores deportivos e prohibiu que un pai ensine ao seu fillo a coller unha nécora na seca. E converteu aos mariscadores en celosos policías .
Os vigueses desconfiamos das nosas augas de baño e buscamos cada vez praias máis alonxadas. E o nivel de coliformes paraliza, cada vez con máis frecuencia, a actividade económica.
Na Ría non hai sobrepesca, hai pouca pesca debido ao alto nivel de contaminación.
O Sr. Aladro non contamida, inhíbese, e a nós escandalízanos que o nomeen Fiscal Xefe da Audiencia Provincial de Pontevedra.
domingo, 20 de abril de 2008
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario